viernes, 5 de febrero de 2010

Cronica

Domingo 17 de Xaneiro saímos sobre as 8 da maña, tal como quedaramos da casa da cultura de Ferreira, para facer a nosa 1ª ruta do 2010. O destino Guitiriz ruta da auga.Comezamos a ruta propiamente dita sobre as 10 a carón de Capela de San Alberte, zona de paso tamén do camiño norte.Dende Aquí a ruta da auga fixo honor a o seu nome xa que o "liquido elemento" estivo presente a o longo de todo o percorrido, non so porque transcorra a o carón do río, o cal cruzamos en numerosas ocasións por fermosas pontes, senón porque despois dun tempo tan chuvioso o camiño estaba empapado con numerosas pozas que nos fixeron variar en algúns sitios o itinerario"oficial"
Tamén puidemos disfrutar de numerosas fontes( fonte de fala, fonte do valdovin...)
rematando na máis coñecida de todos o Balneario de Guitiriz sobre as 13.30 h
Para empezar o ano, Anxel escolleunos unha ruta fácil, pero fermosa moi fermosa, para o meu gusto.Unha PRG ben sinalada ben coidada e moi apropiada para o mes de Xaneiro.
E como xa queda pouco pa a seguinte verémonos en Pau da Vella.

Jose Luís Rivas





No hay comentarios:

Publicar un comentario